Estimadas familias
Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo Carballo Calero.
Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso tradicional Certame de poesía. Este ano terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos que non desapareza axudando todas e todos?
A idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (dúas estrofas de 4 versos), escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, faremos todo nun folio en horizontal. Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS.
Este sería o proceso:
1. Elaboramos o “poema” orixinal en Lingua Galega.
2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.
3. Ilustramos cun debuxo.
4. Remitimos unha foto da nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com.
Apertas.
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 6º DO COLEXIO VILAVERDE. NESTE CURSO IMOS POÑER OS NOSOS XOGOS, AS NOSAS FOTOS, OS NOSOS TRABALLOS,... SEGUÍDENOS!
09 mayo 2020
30 abril 2020
A ARTE NOS TEMPOS DO CONFINAMENTO
Durante
o confinamento xeramos moito material de refugallo na casa (rolos de
papel, tapóns, follas de xornal, sementes, bolsas, papel, botellas,
botes…) e , quen teña xardín, tamén atopará materiais fóra
(pedras, foll s, paos, flores…)... que
tal se tentamos convertelo en arte?. Poderemos crear algo: una
escultura, un cadro, un relevo, una máquina, un… podedes facelo en familia.
Deixemos voar a
nosa imaxinación!!
O
bo da arte é compartila, sería xenial que compartiramos co resto de
compañeiras e compañeiros o resultado da nosa vea artística.
Faremos “O noso museo virtual ".
Quizais, cando isto remate, poderemos facer una exposición no
colexio “A arte nos tempos do
confinamento” con todas as obras
realizadas. Para iso:
1.
Veremos algunha idea se queremos en…
2.
Elixiremos o material de refugallo que imos usar.
3.
Elaboramos.
4.
Mandaremos foto da obra
e autoría
co título da nosa creación artística
ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com.
Saúdos
agarimosos.
28 abril 2020
TRABALLOS ESPECIALIDADES
Recordade que debedes enviar ás profesoras especialistas os vosos traballos ao enderezo do blog correspondente. Xa tedes acceso neste blogue, a esquerda a todos eles. Ánimo!
23 abril 2020
FAMILIAS LECTORAS EN SEXTO
Grazas a todas e todos por participar, aquí tedes o vídeo das colaboracións.
21 abril 2020
VÍDEO DO ALUMNADO DE 6º
As nosas e nosos alumnos fixéron este vídeo para darnos ánimo. Grazas a todas, todos e ás familias pola súa colaboración!
20 abril 2020
17 abril 2020
FAMILIAS LECTORAS DÍA DO LIBRO.
Recordade ENVIAR a actividade proposta para o Día do Libro.
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos,... Hai múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler (libro, cómic, receitas, xornal,...) e onde máis lle apeteza facer lectura (sofá, alfombra, cadeira,...), servirá de suxestións lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos,... Hai múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler (libro, cómic, receitas, xornal,...) e onde máis lle apeteza facer lectura (sofá, alfombra, cadeira,...), servirá de suxestións lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para iso:
1. Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura que estamos a facer.
Farémolo nun Impress que gardaremos como PDF.
Para iso, ides a FICHEIRO e seleccionades EXPORTAR COMO PDF.
2. Remitiremos por correo (antes do día 22 de abril) o arquivo PDF ao correo do noso blog:
tresanosvilaverde@gmail.com
Recordade que en ASUNTO debedes poñer o voso nome.
14 abril 2020
ESPECIALIDADES
Recordade entrar nos blogues de Inglés, Educación Física, Música... onde atoparedes actividades.
XA ESTAMOS DE VOLTA!
Bos días a todas e todos, despois destas vacacións continuamos con ánimo
e sairemos adiante desta excepcional situación.
Para comezar propoñémosvos a seguinte actividade.
Para comezar propoñémosvos a seguinte actividade.
Como
quedamos na casa. a lectura é unha das actividades que máis nos
axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir
coa familia,...
Podemos
remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da
casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len
para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos,... Hai
múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler
(libro, cómic, receitas, xornal,...) e onde máis lle apeteza facer
lectura (sofá, alfombra, cadeira,...), servirá de suxestións
lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para
iso, se vos apetece colaborar...:
1.
Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura
que estamos a facer.
Farémolo
nun Impress que gardaremos como PDF.
Para
iso, ides a FICHEIRO e seleccionades EXPORTAR COMO PDF.
2.
Remitiremos por correo (se nos é posible antes do día 22 de abril)
o arquivo PDF ao correo do noso blog:
Recordade
que en ASUNTO debedes poñer o voso nome.
03 abril 2020
TOCA DESCANSAR
Despois do esforzo feito por todas e todos, toca relaxarse e descansar.
Para que vos entreteñades poñeremos películas ou vídeos neste blogue.
Lembrade a lectura diaria e realizar e gardar os traballos feitos no ordenador nun pendrive...
De momento tranquilidade, ánimo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

