Bos días a todas e todos, despois destas vacacións continuamos con ánimo
e sairemos adiante desta excepcional situación.
Para comezar propoñémosvos a seguinte actividade.
Para comezar propoñémosvos a seguinte actividade.
Como
quedamos na casa. a lectura é unha das actividades que máis nos
axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir
coa familia,...
Podemos
remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da
casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len
para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos,... Hai
múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler
(libro, cómic, receitas, xornal,...) e onde máis lle apeteza facer
lectura (sofá, alfombra, cadeira,...), servirá de suxestións
lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para
iso, se vos apetece colaborar...:
1.
Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura
que estamos a facer.
Farémolo
nun Impress que gardaremos como PDF.
Para
iso, ides a FICHEIRO e seleccionades EXPORTAR COMO PDF.
2.
Remitiremos por correo (se nos é posible antes do día 22 de abril)
o arquivo PDF ao correo do noso blog:
Recordade
que en ASUNTO debedes poñer o voso nome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario