14 mayo 2020

UNHA CARTA DE AGRADECEMENTO



Estimadas familias:
Durante todo este tempo de confinamento, decatámonos da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban ao noso carón mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións como as que estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar sobre que pasaría se non existisen médicas e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e limpadores, servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e traballadores en tendas de alimentación, transportistas, persoal de ambulancias, agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros,... Algunhas nenas e algúns nenos do noso centro teñen familiares neses colectivos e poden comentar en primeira persoa as súas percepcións.
Propoñemos que escriban unha carta a un deses colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos imprescindibles.
Compartiremos no blogue e faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.
1. Escribimos en folio unha carta con letra lexible e decoraremos con debuxos.
2. Remitimos a nosa escrita ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com co noso nome.
Apertas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario