O VENRES SUBIMOS AO AUTOBÚS MOI CONTENTAS E MOI CONTENTOS.
ÍAMOS VISITAR O SALÓN DO LIBRO NO PAZO DE CULTURA.
CANDO CHEGAMOS SENTÁMONOS UN POUQUIÑO ATA QUE APARECEU ORBIL, FOMOS TODOS CORRENDO ABRAZALO.
DESPOIS LEVÁRONNOS A UNHA SALA ONDE NOS CONTARON CONTOS E, ATA FIXEMOS UNHA SOPA CON MOITOS INGREDIENTES.
PARA REMATAR VISITAMOS, COA AXUDA DE MONITORES, DIFERENTES SALAS E A EXPOSICIÓN DE TODOS OS TRABALLOS ELABORADOS POLOS COLEXIOS E TAMÉN O DO NOSO CENTRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario