22 mayo 2020

CERTAME DE POESIA

Parabens a todas e todos, grazas pola vosa colaboración!

https://view.genial.ly/5ec7b40ff14dd60d90738654/presentation-certame-de-poesia

EXPERIENCIAS NA RÚA CONTRA O CORONAVIRUS


Estimadas familias
As nenas e os nenos xa poden saír á rúa con coidado e nun horario controlado. Este feito amosa en elas e eles diferentes sentimentos, emocións, desexos, percepcións,... É bo que lles axudemos a expresalos para que os entendan mellor e tamén para que lles poidamos axudar a percibir a situación adecuadamente. Sen présas convén ir traballando a situación, ser pacientes e darlle a cadaquén o tempo que precise para afacerse.
Propoñemos que conten “A saída á rúa tras o confinamento”, pode ser cun debuxo único ou un cómic (de tres a 6 viñetas), pode ser real ou imaxinario, pode ser en pasado ou en futuro,...
Compartiremos para elaborar “EXPERIENCIAS NA RÚA CONTRA O CORONAVIRUS”.
1. Falamos do que sentimos nese momento e como poderíamos debuxalo, formas, cores,...
2. Debuxamos nun folio colocado en horizontal.
3. Coloreamos e poñemos título.
4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com


Apertas.

19 mayo 2020

CERTAME DE POESÍA

A data límite para enviar as poesías para o Certame é o próximo venres 22. 

Ás/ós participantes entregaráselles un diploma pola súa participación e aparecerán no vídeo que faremos. 

Recordade que é unha proposta de Centro.

Tede en conta que dende hai xa 28 anos celebramos o Certame, pero debido a crise do COVID-19 terá que ser diferente esta vez.

Non podemos renunciar... que tal se tentamos que non desapareza cooperando todas e todos?

14 mayo 2020

UNHA CARTA DE AGRADECEMENTO



Estimadas familias:
Durante todo este tempo de confinamento, decatámonos da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban ao noso carón mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións como as que estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar sobre que pasaría se non existisen médicas e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e limpadores, servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e traballadores en tendas de alimentación, transportistas, persoal de ambulancias, agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros,... Algunhas nenas e algúns nenos do noso centro teñen familiares neses colectivos e poden comentar en primeira persoa as súas percepcións.
Propoñemos que escriban unha carta a un deses colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos imprescindibles.
Compartiremos no blogue e faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.
1. Escribimos en folio unha carta con letra lexible e decoraremos con debuxos.
2. Remitimos a nosa escrita ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com co noso nome.
Apertas.

09 mayo 2020

CERTAME DE POESÍA

Estimadas familias
Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo Carballo Calero.


Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso tradicional Certame de poesía. Este ano terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos que non desapareza axudando todas e todos?

A idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (dúas estrofas de 4 versos), escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, faremos todo nun folio en horizontal. Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS.
Este sería o proceso:

1. Elaboramos o “poema” orixinal en Lingua Galega. 

2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.

3. Ilustramos cun debuxo.

4. Remitimos unha foto da nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com


Apertas.