25 junio 2020

O grupo de teatro do CEIP VILAVERDE, tamén estivo a traballar neste terceiro trimestre tan especial, dende as súas casas,e despiden este curso con esta pequena historia de Cristóbal Colón.
Felíz verán a todos e a todas!!

22 junio 2020

HORARIO DE RECOLLIDA

Recordamos que este martes 23 será a recollida e entrega do material escolar. Aparte do aviso por TokApp, tedes o horario en EDIXGAL.

15 junio 2020

IMOS CHEGANDO AO FINAL

Hola a todos e todas!!!
Por fin chegou a derradeira semana de clase!!!
Esta última semana non mandaremos tarefas ,unicamente deixaremosvos uns enlaces moi divertidos.
Danos moita magoa non poder celebrar este venres cunha gran festa o remate do curso como facíamos de costume,pero faremos unhas videoconferencias de despedida;serán coma de costume, o mércores 17 e o xoves 18,o único cambio e que vos uniredes de catro en catro.(Os datos estarán en edixgal).
Decirvos tamén que as vosas “noticias” están no blog de Stem ou en canal de Youtube, están xenial!!!!
Noraboa a todos e todas polo voso traballo telemático e pola vosa constancia!!!
Por último agradecer as familias e tamén a vós, a vosa paciencia,apoio e comprensión durante estes últimos meses tan duros para todos e todas.
Unha aperta enooorme para todos e todas!!!
Os titores de 6º
BICOS


ENLACES
Para mates:
Este enlace es muy interesante y os puede servir en un futuro,como sabéis siempre os insistí en lo de sintetizar y esquematizar,os recomiendo que lo veáis con atención!!!!
https://www.youtube.com/watch?v=eSA0ekcIKjU

E por último………..PARA AS VACACIÓNS :

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN

22 mayo 2020

CERTAME DE POESIA

Parabens a todas e todos, grazas pola vosa colaboración!

https://view.genial.ly/5ec7b40ff14dd60d90738654/presentation-certame-de-poesia

EXPERIENCIAS NA RÚA CONTRA O CORONAVIRUS


Estimadas familias
As nenas e os nenos xa poden saír á rúa con coidado e nun horario controlado. Este feito amosa en elas e eles diferentes sentimentos, emocións, desexos, percepcións,... É bo que lles axudemos a expresalos para que os entendan mellor e tamén para que lles poidamos axudar a percibir a situación adecuadamente. Sen présas convén ir traballando a situación, ser pacientes e darlle a cadaquén o tempo que precise para afacerse.
Propoñemos que conten “A saída á rúa tras o confinamento”, pode ser cun debuxo único ou un cómic (de tres a 6 viñetas), pode ser real ou imaxinario, pode ser en pasado ou en futuro,...
Compartiremos para elaborar “EXPERIENCIAS NA RÚA CONTRA O CORONAVIRUS”.
1. Falamos do que sentimos nese momento e como poderíamos debuxalo, formas, cores,...
2. Debuxamos nun folio colocado en horizontal.
3. Coloreamos e poñemos título.
4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com


Apertas.

19 mayo 2020

CERTAME DE POESÍA

A data límite para enviar as poesías para o Certame é o próximo venres 22. 

Ás/ós participantes entregaráselles un diploma pola súa participación e aparecerán no vídeo que faremos. 

Recordade que é unha proposta de Centro.

Tede en conta que dende hai xa 28 anos celebramos o Certame, pero debido a crise do COVID-19 terá que ser diferente esta vez.

Non podemos renunciar... que tal se tentamos que non desapareza cooperando todas e todos?

14 mayo 2020

UNHA CARTA DE AGRADECEMENTO



Estimadas familias:
Durante todo este tempo de confinamento, decatámonos da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban ao noso carón mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións como as que estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar sobre que pasaría se non existisen médicas e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e limpadores, servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e traballadores en tendas de alimentación, transportistas, persoal de ambulancias, agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros,... Algunhas nenas e algúns nenos do noso centro teñen familiares neses colectivos e poden comentar en primeira persoa as súas percepcións.
Propoñemos que escriban unha carta a un deses colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos imprescindibles.
Compartiremos no blogue e faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.
1. Escribimos en folio unha carta con letra lexible e decoraremos con debuxos.
2. Remitimos a nosa escrita ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com co noso nome.
Apertas.

09 mayo 2020

CERTAME DE POESÍA

Estimadas familias
Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo Carballo Calero.


Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso tradicional Certame de poesía. Este ano terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos que non desapareza axudando todas e todos?

A idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (dúas estrofas de 4 versos), escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, faremos todo nun folio en horizontal. Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS.
Este sería o proceso:

1. Elaboramos o “poema” orixinal en Lingua Galega. 

2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.

3. Ilustramos cun debuxo.

4. Remitimos unha foto da nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com


Apertas.

30 abril 2020

A ARTE NOS TEMPOS DO CONFINAMENTO


Durante o confinamento xeramos moito material de refugallo na casa (rolos de papel, tapóns, follas de xornal, sementes, bolsas, papel, botellas, botes…) e , quen teña xardín, tamén atopará materiais fóra (pedras, foll s, paos, flores…)... que tal se tentamos convertelo en arte?. Poderemos crear algo: una escultura, un cadro, un relevo, una máquina, un… podedes facelo en familia.
Deixemos voar a nosa imaxinación!!
O bo da arte é compartila, sería xenial que compartiramos co resto de compañeiras e compañeiros o resultado da nosa vea artística. Faremos “O noso museo virtual ". 
Quizais, cando isto remate, poderemos facer una exposición no colexio “A arte nos tempos do confinamento” con todas as obras realizadas. Para iso:
1. Veremos algunha idea se queremos en…
2. Elixiremos o material de refugallo que imos usar.
3. Elaboramos.
4. Mandaremos foto da obra e autoría co título da nosa creación artística ao correo do noso blog tresanosvilaverde@gmail.com.
Saúdos agarimosos.

28 abril 2020

TRABALLOS ESPECIALIDADES

Recordade que debedes enviar ás profesoras especialistas os vosos traballos ao enderezo do blog correspondente. Xa tedes acceso neste blogue, a esquerda a todos eles. Ánimo!

21 abril 2020

VÍDEO DO ALUMNADO DE 6º

As nosas e nosos alumnos fixéron este vídeo para darnos ánimo. Grazas a todas, todos e ás familias pola súa colaboración!





20 abril 2020

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN


A ACTIVIDADE DE RELIXIÓN PODEDES VELA NESTE ENLACE

17 abril 2020

FAMILIAS LECTORAS DÍA DO LIBRO.

Recordade ENVIAR a actividade proposta para o Día do Libro.

Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos,... Hai múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler (libro, cómic, receitas, xornal,...) e onde máis lle apeteza facer lectura (sofá, alfombra, cadeira,...), servirá de suxestións lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para iso:
1. Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura que estamos a facer.
Farémolo nun Impress que gardaremos como PDF.
Para iso, ides a FICHEIRO e seleccionades EXPORTAR COMO PDF.
2. Remitiremos por correo (antes do día 22 de abril) o arquivo PDF ao correo do noso blog:
tresanosvilaverde@gmail.com
Recordade que en ASUNTO debedes poñer o voso nome.

14 abril 2020

ESPECIALIDADES

Recordade entrar nos blogues de Inglés, Educación Física, Música... onde atoparedes actividades.

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Bos días a todas e todos, despois destas vacacións continuamos con ánimo e sairemos adiante desta excepcional situación. 

 Para comezar propoñémosvos a seguinte actividade.


Como quedamos na casa. a lectura é unha das actividades que máis nos axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir coa familia,...
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos,... Hai múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler (libro, cómic, receitas, xornal,...) e onde máis lle apeteza facer lectura (sofá, alfombra, cadeira,...), servirá de suxestións lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para iso, se vos apetece colaborar...:
1. Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura que estamos a facer.
Farémolo nun Impress que gardaremos como PDF.
Para iso, ides a FICHEIRO e seleccionades EXPORTAR COMO PDF.
2. Remitiremos por correo (se nos é posible antes do día 22 de abril) o arquivo PDF ao correo do noso blog:
Recordade que en ASUNTO debedes poñer o voso nome.



03 abril 2020

TOCA DESCANSAR

Despois do esforzo feito por todas e todos, toca relaxarse e descansar. Para que vos entreteñades poñeremos películas ou vídeos neste blogue. Lembrade a lectura diaria e realizar e gardar os traballos feitos no ordenador nun pendrive...
De momento tranquilidade, ánimo!

31 marzo 2020

STEM VILAVERDE

Recordade que no noso blog STEM, tedes ideas, actividades divertidas e creativas que podedes facer na casa.

https://stemvilaverde.blogspot.com/

30 marzo 2020

COMO IR ÁS EXPLICACIÓNS DE INGLÉS

1: Vas a la página de inicio.
2: Le das a ''o meu escritorio''.
3: Le das a ''mensaxes''.
4: Y cuando esté en la pantalla de mensajes, encima de los usuarios , le das a ''contactos'' y te aparecen 3 apartados; después le das a ''mensaxes recentes''.
5: Ahora puedes leer los mensajes.
6: Encima de los mensajes que tenéis, os aparecen 2 perfiles, le dais al de la derecha, y le dais a “engadir un contacto”.
7: Y así, la próxima vez, solo tenéis que entrar en mensajes, miráis la gente que tenéis de contactos, y cuando os aparezca Pilar, clicarle y así veis todos los mensajes con ella.
8: Y SI RESULTA QUE OS APARECEN LOS EJERCICIOS DE LA LESSON 2, Y NO DE LA UNO, encima de los mensajes tenéis un botoncito que pone, ''Todas as mensaxes/Mensaxes recentes''.
Le clicas y te aparecen todos les mensajes que te envió.

25 marzo 2020

NÓS QUEDAMOS NA CASA... PERO A NATUREZA AMOSA COUSAS EMOCIONANTES

PODEDES VER A NOVA CLICANDO NA IMAXE. CORRESPONDE A UNHA NOTICIA DA VOZ DE GALICIA QUE VOS PODE PERMITIR LER E INVESTIGAR.
¿SABEDES QUE SON OS "CHARRANES ÁRTICOS"?  E SITUAR NUN MAPA O SEU PERCORRIDO MIGRATORIO?

En la imagen, uno de los ejemplares que los investigadores siguieron con geolocalizador.

A migración máis longa da Terra fai escada en  Galicia

Investigadoras e investigadores descubriron que "charranes árticos" pasaron por Galicia para aproveitar os ventos e as augas nunha viaxe entre o Polo Norte e Sur

ADEMAIS...podedes investigar sobre o son dalgúns paxaros premendo aquí

ACTIVIDADES DE MÚSICA

Como traballo desta e da próxima semana, facer unha pequena reseña ou resumo a modo de esquema sobre o vídeo da Historia do Jazz.

Ademais, seguir traballando a melodía "Himno da alegría" para frauta e acompañamento.


24 marzo 2020

GUÍA DE LECER. QUEDAMOS NA CASA


ACTIVIDADES DE RELIXIÓN

Suxestións da materia de Relixión remitidas pola profe Isa. 
 
https://drive.google.com/file/d/1YU_ZGis9iRmdLYx6L7_5-TCrJbymgiYb/view?usp=sharing

28 febrero 2020

CHARLA SOBRE O COMERCIO XUSTO

Cunha divertida actividade o alumnado de 6ºB asistíu na biblioteca do Centro a unha charla sobre o consumo responsable e o comercio xusto.







DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Alumnas e alumnos de 6º representaron ás nenas e nenos de tres anos un fragmento de Cantares Galegos, unha das obras máis representativas de Rosalía de Castro.





OBRA DO GRUPO DE TEATRO




Representación para as nenas e nenos de 3º


 



Representación para as nenas e nenos de 4º











   

 Representación para as nenas e nenos de 5º







VIDEO



                               






 


27 enero 2020

TEATRO EN INGLÉS

O pasado venres 24 asistimos á representación dunha obra teatral en inglés "Unboxing Alice", que resultou moi divertida. Tedes a reportaxe fotográfica ao facer clic na imaxe.

https://photos.google.com/album/AF1QipOWE64fb0V1k6jNs6FnwCo1LPCDVkTMkQZdEyWa

14 enero 2020

6º NA HORTA ESCOLAR CON INFANTIL

O noso alumnado explicou as nenas e nenos de Educación Infantil como se debe plantar na horta. Podedes ver as fotos do momento facendo clic na imaxe.

https://photos.app.goo.gl/JX7vf137Dh7zBnu39