07 noviembre 2019

NO SAMAÍN AXUDAMOS COS CARRIÑOS LECTORES

OS CARRIÑOS LECTORES CHEGARON DENDE A BIBLIOTECA ATA AS AULAS.
NÓS AXUDAMOS E, CLARO,,, TAMÉN LEVAMOS LECTURAS SOBRE O SAMAÍN E OS MEDOS ÁS NOSAS AULAS.


23 octubre 2019

REPRESENTACIÓN DA OBRA TROIA

O martes 22 asistimos á representación da obra Troia, foi moi entretida e mostrounos os perigos e riscos que supón a mala utilización da internet. Podedes ver as fotos na seguinte reportaxe fotográfica.

21 octubre 2019

TRABALLAMOS SOBRE MAPAS E PLANOS

MAPAS E PLANOS DAN PÉ A MOITAS ACTIVIDADES LINGÜÍSTICAS E MATEMÁTICAS, ADEMAIS DAS DE SOCIAIS.

Resultado de imagen de MAPAS
NA NOSA AULA VIRTUAL HAI ACTIVIDADES INTERESANTES.

COMEZAN OS VILAXOGOS E MONITORIZAMOS ALGÚNS

IGUAL QUE NO CURSO PASADO APRENDEMOS A COLABORAR, AXUDAR E DIRIXIR XOGOS.
SOMOS MONITORAS E MONITORES DE XOGOS NO RECREO, TAMÉN FORMAMOS PARTE DE ESPAZOS DESTINADOS AO TRABALLO  DIXITAL, O XOGO DRAMÁTICO E O DEBUXO.
Imagen relacionada

02 septiembre 2019

E XA ESTAMOS EN 6º

NUNS DÍAS CHEGAREMOS AO COLEXIO SENDO AS E OS MAIORES DO CENTRO.
CANTA RESPONSABILIDADE!
IMOS COMEZAR CON MOITA ILUSIÓN, É O NOSO ÚLTIMO CURSO NO CEIP.
HABERÁ NOVIDADES?

21 junio 2019

DESPEDIMOS O CURSO

HOXE CUNHA MERENDA DE CONVIVENCIA E UNHA FESTA, DESPEDIMOS O CURSO.








VÉMONOS EN SETEMBRO EN 6º!!!

12 junio 2019

TÉCNICAS DE ESTUDO


Entra nesta aplicación web para aprender algunhas técnicas de estudo de maneira divertida. Ánimo e practica estes consellos.

Resultado de imaxes para web aprender a estudiar

06 junio 2019

ROBOT BIBLIOTECARIO

Agora imos ver traballando o noso robot na biblioteca, a súa misión é decirlle ao alumnado de cada curso onde ten que ir buscar os libros da súa idade.


ROBOT COMPOSITOR

Aquí presentamos o noso ROBOT COMPOSITOR, onde o alumnado compuxo cancións para disfrute dos seus compañeiros e compañeiras.


01 junio 2019

ESPAZO LECTOR QR

Para que as familias podan escoitar e ver os traballos realizados nas aulas, sacamos códigos QR fora do colexio.